Descubre o último bosque atlántico europeo

Páxina da Asociación Cultural Terras do Anaris

BENVIDOS AO EUME

O colectivo Terras do Anaris toma o seu nome do hidrónimo que o xeógrafo hispano Pomponio Mela deu ao río Eume na súa obra Chorographia, para referirse a este cauce fluvial de 80 quilómetros de lonxitude e que nace da unión dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ao pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 metros de altitude.

Quen somos?

A nosa asociación está integrada por un grupo de veciños e veciñas de diferentes concellos do territorio do Eume: Pontedeume, Xermade, As Pontes, Muras, Monfero, Cabanas e A Capela.

No ano 2019 xuntámonos por vez primeira coa idea principal de que o Eume é un territorio único e irrepetible, con grandes recursos naturais, culturais e sociais que precisan dunha posta en valor estrutural, para mellorar a calidade da vida das persoas que viven a carón do río.

Mais tamén para contribuir á mellora da oferta de servizos sociais, culturais, deportivos, turísticos, ambientais e tecnolóxicos, mellorando a súa accesibilidade a través de ferramentas dixitais, dende a premisa da sustentabilidade, que nestes tempos que nos tocou vivir é máis importante que nunca.

Como queremos ser?

Gustaríanos que Terras do Anaris fose unha entidade plurarl, pois na suma das ideas e das ilusións de cada un dos colectivos e persoas que traballan por e para o territorio, reside a chave coa que abrir novas portas e xanelas de oportunidades para o Eume.

Queremos que o noso colectivo sexa unha entidade activa, dinámica, solidaira e comprometida, que apoie o emprendemento da nosa sociedade, en especial o das xeracións máis novas.

Estamos convencidos de que outro modelo de territorio é posible, un modelo máis sostible. Sostible no social, no económico e no ambiental, de xeito que se garantan as necesidades do presente, sen comprometer as necesidades das xeracións vindeiras.

Escape the hustle of city life

Plano Estratéxico Eume 2030

Xa podedes descargar o documento que recolle os resultados derivados da realización do proceso de participación para a elaboración do Plano Estratéxico EUME 2030, no que participaron máis de 40 entidades públicas e privadas dos 7 concellos da bisbarra do Eume (Muras, Xermade, Pontedeume, Cabanas, A Capela e As Pontes), entre os meses de outubro de 2021 e xullo de 2022.

ExploraEume

Unha das necesidades transversais detectadas no Plano Estratéxico Eume 2030, era a de contar cunha ferramenta tecnolóxica que permitise dar máis visibilidade ao Eume na Rede.

Para iso, no ano 2023 en colaboración coa Deputación da Coruña creamos ExploraEume, unha ferramenta de mapas interactivos para descubrir os recursos naturais e culturais que ofrece o territorio, así como os servizos turísticos.

CONTACTA CON NÓS

Queres formar parte de Terras do Anaris?

Enderezo postal

Parque Municipal, s/n Campo da Feira
CP 15320 As Pontes (A Coruña)

Xosé698 148 890
Elena629 158 761
Emailinfo@terrasdoanaris.gal